Onde bate o mar
FERNANDEZ, RAQUEL
Galego
Novidade

Sinopse Onde bate o mar

En diferentes puntos do litoral das R¡as Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona. As sorprendentes coincidencias entre eles e as circunstancias das súas mortes provocarán moita confusión na investigación que levan a cabo o inspector Antúnez, da Polic¡a Nacional de Vigo, e a tenenta Lomba, da Garda Civil de Baiona.
O que nun inicio son dous accidentes no mar, axi?a se revela como un quebracabezas de rancores, morte e vinganzas que percorren xeracións. O pasado viquingo da vila baionesa, unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas, un antigo e desgraciado naufraxio e un Porsche Panamera tecen unha trama da que emerxe a verdade, como un cadáver, cando cesa o temporal.
Raquel Fernández constrúe en «Onde bate o mar» unha emocionante novela de intriga, onde a psicolox¡a dos personaxes é perfilada con buril aguzado e onde o territorio é parte imprescindible da historia.
EAN
9788411108621
Editorial
Ano de edição
2026
Idioma
Galego
Coleção
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto
230
Largura
155
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres