Non penses nun elefante rosa
Yañez, Antía
Galego
Galego

Sinopse Non penses nun elefante rosa

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse.
Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar.
As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.
EAN
9788411100694
Editorial
Ano de edição
2022
Páginas
424
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
NARRATIVA
Alto
230
Largura
155
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres