Morgana en Esmelle
Caamaño, Begoña
Galego

Sinopse Morgana en Esmelle

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea
EAN
9788498654127
Editorial
Ano de edição
2012
Páginas
220
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
LITERARIA
Alto
210
Largura
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres