IÓN. CICLOPE
EURÍPIDES
Galego

Sinopse IÓN. CICLOPE

Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo camiño do xénero cara ás formas cómicas, melodramáticas e novelescas máis próximas á modernidade, cun ton máis distendido e relaxado, afastado da gravidade, solemnidade e exacerbado dramatismo doutras traxedias. No tocante a Ciclope (ca. 408 a.C.), o seu valor literario e arqueolóxico fican fóra de toda dúbida, posto que estamos ante o único drama satírico que nos chegou integramente conservado. Ademais de tratarse da única mostra do seu xénero, o atractivo e interese desta obra vense acrecentados polo singular tratamento dun mito tan popular como é o da estadía de Ulises na illa do Ciclope, un dos episodios centrais e máis coñecidos da Odisea homérica.
EAN
9788417388577
Ano de edição
2021
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
N.º coleção
40
Coleção
VETERA
Alto
220
Largura
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres