Casa Skylab
Jaureguizar
Galego

Sinopse Casa Skylab

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub "Sempre en Galiza", unha especie de parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. "Casa Skylab", a obra gañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar na que intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das súas aparicións anteriores en "Comendo espaguetis diante da televisión" e "As horas sucias". "Casa Skylab" de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica e sarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como "unha interpretación mordaz e paródica do galeguismo". O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamén, sinalou da obra que "partindo da súa modernidade conceptual, da súa estructura singular e polifónica, e do seu estilo rápido e tempo profundo, conecta con esa novelística galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos". Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova década.
EAN
9788497820455
Editorial
Ano de edição
2003
Páginas
192
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
NARRATIVA
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres