Abril
Darriba Magadán, Luz
Galego

Sinopse Abril

N LUZ DARRIBA a vila de Muxía, na máxica Costa da Morte, entrecrúzanse historias de ida e volta atravesadas por décadas de falso ou meditado silencio. Andrea Neumann quere fuxir de canto a feriu nun pasado innomeábel na Arxentina. Luísa está alí, tentando ceibarse da súa caixa de cristal, para lembrarlle que o máis sinxelo é fuxir, porén, o máis doloroso é regresar. O berro dunha xeración, acalado pola forza bestial dun xenocidio, renace na voz reprimida da seguinte. Non importa canto tempo transcorrese, a verdade máis fonda, coma a auga, atopa sempre o seu curso. E o amor agarda por ela para recollela e aniñala. Nesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve a Andrea e a Luísa das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado que es esixe reparación e esperanza
EAN
9788412143317
Editorial
Ano de edição
2020
Páginas
288
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
SIN COLECCION
Alto
210
Largura
140
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres