A semente, a árbore, a froita
Reimóndez, María
Galego
Galego
Galego

Sinopse A semente, a árbore, a froita

É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, "pode que por momentos incómoda", que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal.
Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida.
Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón?
"A semente, a árbore, a froita" non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.
EAN
9788491216902
Editorial
Ano de edição
2020
Páginas
120
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
CRONICA
Alto
220
Largura
145
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres