Obra completa de María Mariño
Mariño, María
Galego
Galego

Sinopse Obra completa de María Mariño

O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández. María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súas vivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como & #8220;dinamiteira da fala & #8221;. A súa orixinalísima poética está presidida por un intimismo radical, onde o desacougo xorde da propia conciencia da morte; os seus versos énchense, daquela dunha abraiante beleza interior: sombriza e preñada de tristura, que se combina cunha percepción especial da paisaxe como vivencia profundamente íntima. Estamos ante unha poeta radical e decididamente singular.
EAN
9788497824910
Editorial
Ano de edición
2006
Páxinas
216
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
CLASICOS
Alto
220
Ancho
146
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opiniones
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres