Horas azuis
Dantas Lobato, Bruna
Galego

Sinopse Horas azuis

Unha moza brasileira sepárase por primeira vez da súa nai para ir estudar literatura aos Estados Unidos. As dúas mulleres, unha na cidade de Natal e outra no dormitorio dun frío campus de Vermont, conversan día tras día a través do Skype. Iluminadas polo brillo azul das súas pantallas, procuran o xeito de seguirse acompañando a pesar de estar tan lonxe e constrúen novos rituais de intimidade e coidado. A nai pregúntalle á filla que novidades ten, como é a vida onde ela está. Sospeita que talvez nunca regrese ao apartamento onde sempre viviron xuntas. E a filla fala e escribe a diario nunha lingua que a nai non entende, ve nevar por primeira vez, fai amizade con outras estudantes estranxeiras, preocúpase pola fráxil saúde da nai, polo diñeiro, polo futuro e pola nova versión de si mesma que xorde nese novo lugar que trata de facer seu. Horas azuis é unha novela tenra e perspicaz sobre a relación entre unha nai e unha filla e a experiencia de facerse adulta lonxe da casa. Cunha prosa precisa, delicada e envolvente, Bruna Dantas Lobato explora con extraordinaria lucidez as arestas do desarraigamento e as novas formas de pertenza da estranxeiría, as contradicións entre o desexo dunha vida distinta e aquilo ao que debemos renunciar para conquistala. "Por momentos, mentres lía este libro dunha beleza extraordinaria, pensei que non podería soportar tanta tenrura. Bruna Dantas Lobato escribiu un retrato conmovedor do vínculo entre unha nai e a súa filla, con todo o seu amor e toda a súa tristeza, cunha sabedoría e unha humanidade inmensas." Aysegül Savas "Unha novela dunha beleza abraiante, chea de saudade e amor. Nunca lera unha historia sobre unha nai e unha filla tan profundamente tenra. È unha revelación." Jenny Offill
EAN
9791399170597
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
19,50 €
-5%
18,53 €
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opiniones
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres