(g).misterio de xacaranda, o.(muiño do vento)
Oses, Elena/Agra, Eva
Galego

Sinopse (g).misterio de xacaranda, o.(muiño do vento)

A maxia sempre está ao noso redor. Só quen saiba abrir o seu corazón poderá contemplar e formar parte das cousas máis marabillosas. Quen lle ía dicir a Mel que mudarse ao vello casarón da praia se convertería nunha aventura fantástica. Após a morte da súa nai, os catro irmáns e mais o seu pai abandonan a cidade para ir vivir no abandonado fogar da familia na aldea de Oires. As súas preocupacións centrábanse en reformar o casarón, reabrir a vella panadería e adaptarse ao peculiar estilo de vida dos seus veciños. Até que unha misteriosa rapaza co pelo da cor do mar comezou a aparecérselles nas noites de treboada... Elena Osés cóntanos unha historia chea de maxia na que unha familia debe superar a perda da nai e reiniciar a súa vida nun novo lugar. A través dun relato vibrante, cargado de aventuras e experiencias, a protagonista deberá desentrañar o misterio que agocha o vello casarón familiar e, por se non fose abondo, fortalecer os lazos que unen os catro irmáns.
EAN
9788410049321
Editorial
Ano de edición
2025
Idioma
Galego
Colección
(G).MUIÑO DO VENTO
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opiniones
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres