Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)
Acuña Trabazo, Ana
Galego
Galego

Sinopse Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)

Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos do século XX.
Con este marco de referencia, Ana Acuña establece cinco etapas, cinco tramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais grupos xunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954 (Mocedade Universitaria Castelao), 1958-1961 (Brais Pinto), 1965-1969 (Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid), 1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e 1996-2000 (Grupo Bilbao).
Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos, recollidas con exquisita metodoloxía e presentadas con rigor e fluidez pola autora, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha serie de rexistros necesarios para a reconstrución do sistema literario galego e para o devir histórico de Galicia.
EAN
9788499146294
Editorial
Ano de edición
2014
Páxinas
360
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
CRÓNICA
Alto
220
Ancho
145
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opiniones
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres