A malferida
Rega Jul, Irene
Galego

Sinopse A malferida

Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece. Azucena denuncia a ausencia da súa filla e os axentes da policía comezan a investigación coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a toda a vila, tamén a aqueles que saben da súa culpabilidade. É tempo de que os segredos saian á luz, de que falen os que sempre calaron, de que se rompa a arañeira.
EAN
9788491519546
Editorial
Ano de edición
2022
Páxinas
212
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
468
Colección
Literaria
Alto
210
Ancho
135
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opiniones
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres