A LINGUA DOS GRIFÓNS
LOPO, SANTIAGO
Galego
Novidade

Sinopse A LINGUA DOS GRIFÓNS

No continente de Anterga a natureza e as palabras están desaparecendo. A poeta Viri e o seu irmán Lauro medran nun orfanato onde a lingua antiga só serve para despedir os mortos. Un día reciben un convite misterioso e emprenden unha misión para salvar o mundo, desafiando a opresión que sofre o seu pobo. Entre profecías esquecidas, criaturas fantásticas, desertos de sal e selvas perigosas, Viri e Lauro descubrirán o poder da voz e da memoria. «A lingua dos grifóns» mergúllanos nunha distopía orixinal, rica en detalles culturais e lingüísticos. Velaquí unha aventura épica e vibrante, chea de maxia, amizade e resistencia, que dá un paso de xigante na fantasía xuvenil galega.
EAN
9788411108744
Editorial
Ano de edición
2026
Páxinas
340
Idioma
Galego
Colección
FORA DE XOGO
Alto
210
Ancho
130
13,95 €
-5%
13,25 €
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opiniones
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres