Queer-emos un mundo novo
Moure Pereiro, Teresa
Galicien

Synopsis Queer-emos un mundo novo

GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-435-6'); Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas. En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.
EAN
9788498654356
Éditorial
Année d'édition
2012
pages
132
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
ENSAIO
Haute
135
Largeur
210
16,85 €
-5%
16,01 €
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caracteres