A gaivota. O tío Vania
Chékhov, Antón
Galicien

Synopsis A gaivota. O tío Vania

Escrita en 1896, A gaivota é a primeira das obras de Chékhov que son xeralmente consideradas obras mestras do dramaturgo e escritor ruso. Céntrase nos conflitos románticos e artísticos de catro personaxes: a inxenua Nina, a anteriormente gloriosa actriz Irina Arkádina, o dramaturgo experimental Konstantín Trepliov, fillo de Irina, e o famoso escritor Trigorin. Pola súa banda, a acción de O tío Vania ten lugar na herdade de Serebriakov, á que acababan de chegar para residir nela o profesor retirado Serebriakov e a fermosa Elena, a súa segunda esposa. Antes diso, na herdade non existía outra cousa que o traballo arduo de Sonia e o tío Vania, en compañía da nai deste e de Teleguin. Todo ese traballo tiña como fin que Serebriakov puidese obter unha renda decente. A dramática de Antón Chékhov hai que situala nun momento de transcendentais cambios, que en Rusia supoñen o tránsito da sociedade rural a unha sociedade urbana na que se deixa sentir o pulo do capitalismo e dos procesos de industrialización. Os seus personaxes habitan mundos que se derruban e, como consecuencia, sofren penosos conflitos internos cando a realidade que habitan vai derruíndo as expectativas que configuran o seu mundo interior.Dúas obras fundamentais do dramaturgo ruso Antón Chékhov
EAN
9788498653854
Éditorial
Année d'édition
2011
pages
236
Obligatoire
Couverture souple ou poche
langage
Galicien
Collection
ESADGALICIA
Haute
210
Largeur
135
23,10 €
-5%
21,95 €
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Ta note
Laisse-nous ton avis
/ caracteres