- Livres
- Livres pour les enfants de 10 à 12 ans
- A árbore xenerosa
- Livres
- Livres pour les enfants de 10 à 12 ans
- A árbore xenerosa
Synopsis A árbore xenerosa
de todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexións
e lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresada
que non é correspondida en igual medida; a relación
co noso planeta, constantemente agredido; a contraposición
entre as necesidades materiais e o intanxible, para acadar
a felicidade; e mesmo unha parábola da familia...
O texto é unha sucesión dinámica de accións arredor
da figura central da árbore que, ao longo do tempo,
interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorre
nesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura:
dende a nenez, cando os dous xogaban; ata a idade adulta
e a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre "querer"
e "necesitar" como actitudes vitais. Sen pedir nin agardar
nada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinal
de identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.