XOGO DE LETRAS
RUBIO HERRERO, ANTONIO
Galician
Novelty

Synopsis XOGO DE LETRAS

Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual. As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección Do berce á lúa. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna; un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación. O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unhaobra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúentamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.
EAN
9788413434353
Editorial
Year of edition
2026
pages
30
Idiom
Galician
Collection
ACARTONADOS
High
175
Width
175
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Your rating
Leave us your review
/ caracteres