Tristano morre
Tabucchi, Antonio
Galician

Synopsis Tristano morre

Nalgures, nunha casa da Toscana italiana, o último agasto do século XX, ao longo dunha agonía que durará un mes enteiro, un home que combateu pola libertade do seu país conta a súa vida coa lucidez da febre e as alucinacións provocadas pola morfina. Tristano, nome tomado dun personaxe do poeta Leopardi, fai vir á cabeceira do seu leito un escritor para recoller o testemuño dunha vida que reflicte o século que está a piques de rematar. A pregunta que percorre a novela toda, e que Tabucchi se fai sen querer responder definitivamente, é a de se unha narración pode abranguer a xeometría ambigua dunha vida: as súas contradicións, as dúbidas, as omisións, os desexos incumpridos, as presuntas lembranzas ou os autoenganos. O destino persoal dun heroe como Tristano, cargado simultaneamente de esperanza e desespero, de xenerosidade e amargura, achega ao lector ou lectora un fresco de sesenta anos de historia de Italia e de Europa, coas súas traxedias e falsos pasos adiante, ata a irrupción do derradeiro episodio de tiranía: a farsa televisiva.
EAN
9788482887289
Editorial
Year of edition
2004
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
LITERARIA
High
210
Width
140
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Your rating
Leave us your review
/ caracteres