Solimán
Fraga, Xesús
Galician
Galician

Synopsis Solimán

"Solimán" relata, cunha ollada irónica e tenra, as vidas dos rapaces que medraron a cabalo dos setenta e dos oitenta, adictos á súa memoria nun presente mellor pero menos emocionante. Nesta novela de Xesús Fraga, gañadora do Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003, rememóranse as vidas de dous mozos de trinta anos, Alvaro e Román, que eran nenos cando aconteceu o 23-F. A infancia de ambos os dous está ligada á de Lucía, unha nena coa que tanto compartiron arredor dun ciprés, no patio das casas baratas na vila de Untia, espazo literario que lle é propio ao autor. Flaubert dixo que chega un momentos nas relacións amorosas en que a persoa amada xa non está connosco. Tamén chega un momento na amizade en que as persoas se preguntan por que o amigo continúa a ser amigo. Solimán enfróntase á actitude dunha persoa que se decata de que o único que mantén viva unha amizade son as lembranzas. Unha emotiva novela sobre a memoria da infancia próxima escrita con grande elegancia e paixón.
EAN
9788497821391
Editorial
Year of edition
2004
pages
208
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
NARRATIVA
High
221
Width
146
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Your rating
Leave us your review
/ caracteres