Orixe
Sende, Séchu
Galician

Synopsis Orixe

Premio Blanco Amor, 2003. Sechu Sende era coñecido como poeta cando en 2004 gañou con Orixe o Premio Blanco Amor de novela. Esta é unha novela directa pero anovadora, divertida pero comprometida co seu tempo e coa sociedade. Cóntanos como Mario Negro, que padece dunha vertixe brutal que lle impide abrir os ollos, accede ao mundo imaxinativo de Laura Lobo, a súa enfermeira de noite. O poder liberador da imaxinación, a enerxía do amor e a súa capacidade para facer superar a soidade son as forzas que a enfermeira pon en xogo para rescatar a Mario Negro do profundo desánimo no que se afunde. Sechu Sende logra activar o elemento creativo de cada lector ou lectora cun mecanismo narrativo accesible e anovador. Acción e carga emocional forman parte de Orixe, unha novela que desde a situación inicial focalizada nun individuo acaba por abranguer o abano completo dunha nación sometida á ditadura.
EAN
9788482886954
Editorial
Year of edition
2004
pages
172
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
LITERARIA
High
210
Width
135
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Your rating
Leave us your review
/ caracteres