Flor de vento
Rivas, Lita
Galician

Synopsis Flor de vento

Xiana era unha fermosísima e moi nova flor dun xardín: unha margarida de pétalos azuis salferidos de pequenas pencas de cor laranxa como un capricho da natureza. As outras margaridas tíñanlle envexa. Estaba intrigada polo "globo que dá luz" e polo que podería haber máis alá do muro. Preguntoulle a unha bolboreta, mais ela estaba contenta entre tantas flores e nunca quixera saír do xardín. A andoriña Trilos contoulle que máis alá o mundo era moi grande, con moitas flores, ríos, montañas e o mar inmenso. E explicoulle que morrer é como o aire que leva dentro o globo dun rapaz: cando estoura segue existindo mais non se ve. Co inverno, Trilos marchou e moitas plantas murcharon coa xeada. Ela sobreviviu. Trasladárona para un balcón e un maceteiro, agochada do vento e da choiva. Alí, un vello xeranio explicoulle que non debe ter medo da abella, pois só busca o seu néctar e pole para fabricar o mel, mais si do escaravello, do que os libra a choiva artificial que a dona da casa lles botou por enriba. E comprendeu que a vida é unha morea de sucesos encadeados. Soubo logo que o manto branco de neve se vén no inverno non é malo, pero na primavera mata as flores, segundo lle explicou o xeranio. Na primavera chegaron novas flores e a andoriña Trilos, que lle explicou o nacemento da vida cando outra construía un niño no tellado para futuras crías. Viu logo viu ao pimpín facer o seu variado niño, do que o cuco se aproveitou metendo nel a súa cría... E un día que lle ían cambiar a terra do testo, aproveitou para pedirlle á andoriña que a levase con ela. Levouna voando moi alto, até as nubes. Sentiuse unha flor do vento. Pousouna logo nun val, nun oco, e co peteiro encheu as súas raiceiras de terra. A andoriña marchou de novo para Africa, mais cando volveu, atopou outra margarida igual á súa amiga: ela deixara no xardín o seu proxecto dunha nova flor.
EAN
9788476805992
Editorial
Year of edition
2007
pages
92
Binding
Soft cover or pocket
Idiom
Galician
Collection
CONTA CONTOS CONTACONTOS
High
200
Width
130
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Your rating
Leave us your review
/ caracteres