Sinopsi Onde bate o mar
O que nun inicio son dous accidentes no mar, axi?a se revela como un quebracabezas de rancores, morte e vinganzas que percorren xeracións. O pasado viquingo da vila baionesa, unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas, un antigo e desgraciado naufraxio e un Porsche Panamera tecen unha trama da que emerxe a verdade, como un cadáver, cando cesa o temporal.
Raquel Fernández constrúe en «Onde bate o mar» unha emocionante novela de intriga, onde a psicolox¡a dos personaxes é perfilada con buril aguzado e onde o territorio é parte imprescindible da historia.