Emilia Pardo Bazán:Unha mente poderosa
Canosa, María
Gallec

Sinopsi Emilia Pardo Bazán:Unha mente poderosa

Este libro busca achegar a todos os públicos, aínda que especialmente aos nenos, a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a través de momentos da súa apaixonante vida. Sorprenderanos a nena curiosa e gran lectora, a muller namorada e independente e a autora de carácter, rebelde ao rol que se esperaba de toda dama nun ambiente social e familiar privilexiado. A través da lectura, o estudo e unha capacidade de traballo infinita, conseguiu ser recoñecida no seu tempo sobrepoñéndose, en non poucos momentos, ao desdén de moitos compañeiros e académicos mentres era recoñecida, nacional e internacionalmente, por público e crítica. A ilustración, creada cunha particular utilización de técnicas tradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza, inspírase e apoiase, ademais de nos textos sinxelos e ben documentados de María Canosa, en fotos e noticias da época, así como en monumentos e edificios que aínda existen hoxe, buscando recrear o ambiente e lugares que frecuentou a autora cunhas imaxes moi recoñecibles e atractivas. Unha biografía ilustrada perfecta para todo aquel que busque descubrir as principais facetas dunha autora singular da que o 12 de maio de 2021 cúmprese o centenario da súa morte.
EAN
9788418667053
Editorial
Any d'edició
2021
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
240
Ample
170
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres